Samarúas é unha nova proposta folk que comeza a tallar o seu contorno artístico para exhibilo no gran escaparate da música galega.

A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinamos temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Vimos da canteira da música tradicional que nós mesmos recreamos e presentamos un proxecto integrado por gaita, percusións, voz, acordeón, violín e guitarra.

Un novo son que xurde das nosas inquedanzas musicais  logo dun ano de encontros ata que en setembro do 2013 decidimos dar a coñecer esta aventura, Samarúas.

Gañadores en 2014 do QueroStar no Son do Barbansa e 2º premio do certame MúsicaXove, temos actuado en festivais coma o Asalto ao Castelo, Festa Galega, Folk Catalmibre… e teñen colaborado con nós músicos da talla de Kepa Junkera, Brais Maceiras ou José Catoira.

Miguel Vázquez – Gaita e saxo

Antonio Prado – Percusións

Tania Caamaño – Voz e percusión

Fran Trashorras – Acordeón

Antía Ameixeiras – Violín

Carlos Barcia – Guitarra

Isaac Pérez – Batería

festagalega2

Advertisements