portada

Samarúas presenta Prólogo”, o seu primeiro traballo de estudio. Un traballo conformado por sete cortes onde se plasma o pulso actual da banda: a poesía, a preocupación polo ser e a búsqueda de novos vínculos de expresión conflúen nas composicións que dan vida a este disco.

Gravado por Jose M. Martínez en Bonham Studios, “Prólogo” é unha declaración de intencións, no que tanto os aspectos musicais como executivos correron a cargo da banda. O apartado visual corre da man de Marcos Martínez e María Gutiérrez (MMweb).

A portada é unha alusión á obra de Man, quen deixou unha gran pegada na música de Samarúas. O contacto coas forzas da natureza fixo que as súas obras cobrasen vida, sumerxíndose nun constante proceso de mutación. Ese carácter orgánico semella ideal para enmarcar este traballo.

Advertisements