Finalistas do Querostar no Son do Barbansa!

Airapro | Samarúas, Sete Cuncas e Bocinazo, na final do Querostar no Barbansa

Samarúas quedou en primeiro lugar logo das votacións, con 160 apoios.

Catro días de votación a través da páxina en Facebook do Querostar, oito candidatos e centos de votos. O resultado, coñecido desde as seis da tarde do domingo: Samarúas (160 votos), Sete Cuncas (149 votos) e Bocinazo (125 votos) son os finalistas, aspirantes a compartir escenario o próximo sábado en Aguiño cos Heredeiros da Crus, Tevra, Terbutalina e Familia Caamagno.

Os habituais da lonxa e o porto de Aguiño, encargados de escoller o gañador

Despois da votación a través de Facebook, o resultado final resolverase en Aguiño, no mesmo lugar no que o sábado terá lugar o Son do Barbansa. Un equipo do Querostar desprazarase ata a lonxa e o porto da parroquia ribeirense para preguntar aos traballadores do peixe e o marisco que banda prefiren para o seu festival. Antes de tomar unha decisión, terán oportunidade de escoitar as tres propostas. Todo o que aconteza en Aguiño gravarase para ser publicado o xoves, ás 14.00 horas, nas redes sociais do Querostar, co anuncio do gañador.

Image

E enterámonos en pleno ensaio, así que deste xeito dámosvos as grazas por votarnos, e agora que sexa o que a xente da lonxa sexa, nós seguimos por terra de redeiras e preparando o concerto do Asalto ó Castelo de Vimianzo xunto con Susana Seivane, Kepa Junkera e Muyayo Rif o vindeiro 5 de xullo. Adiantámosvos que haberá sorpresas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s